Coucou!
Hoxe queremos partillar con vós unha experiencia verdadeiramente deliciosa que tivemos no cole.
O alumnado de segundo da ESO participou nunha actividade que combinou a cociña francesa e o francés dun xeito diferente. Os nosos chefs puxéronse máns a obra para preparar unha variedade de receitas riquísimas, dende "crêpes" ata "croissants".
A diversión non terminou na cociña. Despois de preparar as súas creacións, os estudantes tiveron a oportunidade de presentar os seus pratos en francés, describindo os ingredientes e o proceso de elabroración. Foi unha forma excelente de pór en práctica o aprendido na clase, mellorar às súas habilidades na lingua francesa e introducirse na gastronomía francesa.
E, por suposto, non podíamos olvidar a parte máis agardada; ¡a degustación e a votación!. Probamos todas as receitas e votamos as nosas receitas favoritas. ¿Cal pensades que foi a receita gañadora?