A BARALLA DA IGUALDADE
O alumnado da ESO do noso centro traballou durante o mes de marzo o tema da igualdade, un valor imprescindible para o progreso e avance da nosa sociedade.
Os alumnos e alumnas de 3º da ESO elaboraron unha baralla de cartas para facernos reflexionar sobre a igualdade entre homes e mulleres, a paridade racial, a igualdade de oportunidades entre as persoas con discapacidades físicas, o difícil acceso a determinadas profesións e postos para o colectivo feminino, etc.
Aquí tedes unha mostra das cartas elaboradas. Agardamos que vos gusten.....😜😜😜
