TITORIAS

O día de atención aos país é o martes pero é preciso concertar a cita previamente co titor correspondente. Normalmente os distintos titores chamaremos ao longo do ano, en función das distintas necesidades dos alumnos, aos pais para informarlles da evolución dos seus fillos.

No caso de non poder asistir a unha reunión concertada, pedímoslles que o informen ao titor correspondente con anterioridade.

Debido a situación actual que estamos a vivir por mor do Covid-19, todas as reunións deberán realizarse de forma telemática, a través de chamada telefónica ou ben a través de videconferencia.  

No caso de que algunha familia precise unha reunión co titor/a, poderase solicitar a través do tokapp falando co propio titor/a ou ben chamando ao centro.