miércoles, 23 de junio de 2021

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O pasado día 22 de xuño o alumnado de Educación Secundaria visitou o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, en concreto o arquipélago das Illas Cies.

Despois dun ano tan complexo para todos, esta excursión foi un regalo no cal puidemos disfrutar de estar o aire libre, de estar cos amigos e rematar o curso escolar.

Tivemos un día marabilloso durante o cal fixemos unha ruta para coñecer os valores máis importantes do Parque Nacional, disfrutamos da praia e rematamos a nosa estancia cunha gymkana na cal tivemos que demostrar todo o aprendido.