martes, 28 de septiembre de 2021

O EDLG DO COLEXIO INICIA UN NOVO CURSO

Ola, benvidas e benvidos a este novo curso escolar. O equipo de dinamización da lingua galega do Colexio Santa Cristina inicia un novo ano académico coas moitas actividades programadas para potenciar o uso do noso idioma.

Este curso o EDLG estará formado por profesores e profesoras de todas as etapas educativas e tamén por todo o alumnado do centro.

Neste blog iremos compartindo as imaxes e a acollida destas actuacións entre toda a comunidade educativa.

Feliz curso a todos e todas…!🥳🥳🥳🥳😜😜😜