Esta semana estamos celebrando no noso colexio a festividade do Samaín, que para os celtas significaba a fin do verán xa que remataba o tempo das colleitas e comezaba unha nova estación.
Os celtas consideraban que os mortos podían camiñar entre os vivos…. E nós estes días camiñamos contemplando unha exposición de cabazos moi orixinal porque a fixemos tendo en conta a temática do Xacobeo 2021.
Podes comprobar vós mesmos que vistosa quedou…..!
