sábado, 2 de octubre de 2021

PRIMEIRO PODCAST DO CURSO

Esta semana lles propuxemos a rapazada de 4º ESO que prepararan un podcast informativo para poñernos ao día do ocorrido nestes dous meses de vacacións. E non hubo máis que falar! Puxéronse mans a obra e nun periquete organizáronse para recoller a información precisa, elaboraron os primeiros borradores e  conseguiron facer as grabacións e incluso a sua propia montaxe audivisual. Porque sí, incluso a montaxe é cousa deles. Reto conseguido e con sobrasaínte! 

Espero que o disfrutades tanto como eles o fixeron ao preparalo. 

Boa finde!

Podcast 01/10/2021 (4ºESO)