"Eu escollín a Messi e ti a Ronaldo, qué bo!" ou "non sabía tal cousa de Daniel Craig" son tan só algúns dos comentarios que os nosos alumnos de 1º da ESO se facían esta semana polos corredores do cole tras rematar as súas exposicións.
Se temos que facer un exame de expresión oral en inglés, moito mellor se é para falar dalguén da actualidade a quen admiramos, non si? Era a súa primeira vez, pero lograron vencer os nervios e fixéronno de marabilla.
Noraboa rapaces!


