O alumnado de 3º da ESO fixo unha visita as instalacións de MAVESA, unha empresa que a partir de diferentes tipos de plásticos, elabora diferentes tipos de bolsas.
O alumnado puido coñecer de primera man cales son os traballos necesarios que se deben realizar para poder conseguir unha bolsa plástica, dende a propia serigrafía ata o propio corte, coñecendo o funcionamento das propias máquinas que empregan diariamente.
Ao longo da visita, fixemos fincapé na importancia da redución de residuos así como do aproveitamento de enerxía.
Debido á proximidade das súas instalación e fomentando o exercicio diario, o alumnado desplazouse ata a súa localización facendo unha pequena andaina.
Gracias por toda a atención recibida¡¡¡¡
GALERIA DE IMAXES: