jueves, 24 de marzo de 2022

1º E 2º ESO VISITAN O MONTE ALOIA

 

O pasado día 24 de marzo, os alumnos de 1º e 2º da ESO visitaron o parque natural do monte Aloia xunto coa súa aula da natureza. 

Durante o percorrido, a senda botánica, os alumnos recoñeceron a importancia dos bosques para fixar os distintos tipos de chan, así como as grandes diferencias entre as especies alóctonas e autóctonas, xunto co motivo polo cal abundan ambas tipoloxías de especies nos nosos bosques.  Así mesmo, tamén recoñeceron a gran importancia dos bosques como refuxio e fogar para miles de especies de animais.


O día acompañounos cunha temperatura e meteoroloxía ideal para facer estas actividades.

Pasámolo xenial!!!!!




galeria de imaxes: 

https://photos.app.goo.gl/2oreKarAQS29k38j9