Aproveitando o día tan especial que é hoxe para Irlanda, o alumnado de 3ºESO, que este trimestre está a traballar Éire (como se di en irlandés), fixo unha exposición sobre o Día do seu patrono, San Patricio, sobre as súas costumes, historia e tradicións para celebralo. Expuxeron o significado do "shamrock" (o trevo) e a importancia do "leprechaun" (o mítico duende da sorte irlandés) e mesmo tivemos a posibilidade de disfrutar da súa música.
Todos fixeron un traballo boísimo. Noraboa rapaces!
Happy St. Patricks Day a todos !