Fixéronse esperar, pero aquí están as imaxes dese día especial para os alumnos de 2º da ESO. Foi un día diferente e disfrutámolo moito xuntos. Entre todos ensináronlles aos rapaces de educación infantil e primaria o seu proxecto, a máscara dun Cigarrón. Explicáronlles a orixe desta figura tradicional do entroido e o proceso de todo o seu traballo. Ben feito rapaces!!!.