viernes, 27 de mayo de 2022

CHARLA DA CRUZ VERMELLA SOBRE EDUCACIÓN SOCIO AFECTIVA

O 12 de maio o alumnado de 3º da ESO tivo a sorte de contar coa visita de voluntarios da cruz vermella para realizar un taller sobre os diferentes tipos de relacións socio-afectivas, así como da importancia de ter unha axeitada hixiene persoal-sexual, polo que durante este taller tamén se aproveitou para reforzar a necesidade de saber empregar axeitadamente os diferentes métodos anticonceptivos.



Foi un taller moi enriquecedor e moi práctico que permitiu ao alumnado ter unha aproximación a este tema tan importante hoxe en día, dende unha perspectiva diferente.

Grazas aos voluntarios da Cruz Vermella pola súa labor.