domingo, 1 de mayo de 2022

IMOS GAÑAR O XUBILEO

O martes 3 de maio todo o alumnado do centro irá de excursión a Santiago de Compostela. Despois de dous anos sen facer saídas extraescolares, por fin disfrutaremos dunha xornada diferente.

Estamos todos con moita ilusión e ganas de ir. Todo o alumnado levará unha camiseta branca coa frecha amarela que nos indica o camiño. 

Nas fotos que deixamos neste blog, podedes ver como os alumnos e alumnas preparan as súas camisetas.