viernes, 7 de octubre de 2022

3º DA ESO EMPREGA TABLETAS PARA COÑECER O NÚCLEO DOS ÁTOMOS

O alumnado de 3º da ESO comeza este curso con material novo na materia de Física e Química. En concreto estamos a traballar os diferentes modelos atómicos para comprender como están constituídos os distintos elementos químicos que temos na táboa periódica.

Para iso, faremos unha incursión no mundo da realidade virtual coa axuda da aplicación RappChemistry e co uso dun par de tabletas aproveitando as boas críticas que tivemos co alumnado de 4º da ESO.

Traballamos o modelo atómico de Bohr e puidemos afondar no seu núcleo e coñecer como se comportaban os electróns dalgúns dos elementos máis habituais na codia terrestre.