viernes, 11 de noviembre de 2022

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro de cada ano, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mailo Consello Municipal da Muller poñen en marcha un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar a sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres. Desde o convencemento de que é a mellor estratexia contra a violencia de xénero, traballamos no eido da prevención e concienciación, principalmente coa xente moza, para conseguir que as novas xeracións se impliquen activamente para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e todos. 




Por iso , o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo durante o mes de novembro diferentes actividades para traballar e afondar sobre a violencia de xénero. Ao longo deste mes, nas tutorías e nalgunhas materias tratouse este tema, pero ademáis no caso destes dous curso, tiveron a oportunidade de ter unha charla, o día 11 de novembro, máis dirixida a como previla, identificando de primeira mán o que son os micromachismos, que tipo de condutas deben evitar,.... O máis importante é previr, polo que esta charla terá un peso importante no futuro do noso alumnado.