O alumnado de 2º da ESO ten como misión especial este ano afondar nas misturas. Xa non chega con coñecer os seus compoñentes senón que teñen que saber como de concetradas están e como poder facer o paso contrario a mistura, é dicir como desfacer a misturas.
É por iso, que por equipos traballaremos no laboratorio do colexio.
Antes de baixar o laboratorio repasamos as normas básicas de seguridade e o material de laboratorio máis habitual.
O primeiro día comezamos realizando as misturas:- sólido + líquido = queda disolto
- sólido + sólido = queda misturado
- líquido + líquido = queda misturado
Todos os ingredientes que empregaremos nestas prácticas son elementos comúns nas nosas cocinas, desa forma facilitamos que o noso alumnado poida replicar a práctica en casa.
Xa estamos deseosos que chegue o próximo día de prácticas¡¡¡
