lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

Coma todos os anos o día 30 de xaneiro se conmemora o día da Paz.

Ao longo de toda a semana, nas diferentes materias traballamos de forma transversal esta data tan significativa.

Este ano retomamos a carreira solidaria e a colaboración coa ONG Save the children. Todo o alumnado puido realizar unha pequena carreira diante do colexio grazas a colaboración coa Policia e o Concello de Vigo. Pese a que a mañá estaba fría, os nosos alumnos entraron en calor por unha boa causa. Así mesmo, tamén colaboración facendo unha pequena donación para esta ONG.



Así mesmo, durante a semana previa estivemos a preparar un mural con dúas alas que foron completadas con cartolinas de cores que representan as mans de toda a comunidade educativa. Dende os mais cativos ata os máis maiores, puxeron o seu graniño de area.