martes, 28 de febrero de 2023

4º DA ESO VISITA A UNIVERSIDADE DE VIGO

Os alumnos de 4° ESO  están nun momento tan importante das súas vidas como é a elección da continuidade dos seus estudos. Algúns deles son futuros avogados, outros profesores, enxeñeiros... e para axudarlles a decidir o mellor camiño a seguir, este martes 28 de febreiro  acompañámolos ao CUVI. Visitamos en primer lugar a Facultade de Telecomunicacións, coñecemos de primeira man como son as aulas, os laboratorios...



A continuación, achegámonos ata a de Xurídicas e , como non, fixemos unha parada na cantina, onde moitos se tomaron algún que outro café. Empapáronse do mundo universitario e viñron cunha idea moito máis clara do que iso significa.