O alumnado de 3º da ESO estivo a prepararse a conciencia para esta experiencia durante un mes nas clases da materia de Oratoria. Prepararon 3 temas en profundidade en equipos,investigando e traballando todas as posibles perspectivas que poderían defender nun debate.
A temática dos debates foi:
1. Vivir no rural ou no urbano.
2. É máis importante o coñecemento ou o éxito.
3. Redes sociais en menores: a favor ou en contra.
E o día chegou, e por quendas tiveron que defender o seu traballo e poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos durante os primeiros trimestres de Oratoria... Saber estar, linguaxe non verbal, contacto visual, organización de ideas, vocalización...
FIXÉRONNO FENOMENAL¡¡¡¡¡¡¡
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)