martes, 8 de octubre de 2024

FEDELLANDO NA TÁBOA PERIÓDICA COA REALIDADE AUMENTADA

O alumnado de 4º da ESO por equipos traballaron as diferentes configuracións electrónicas de todos os elementos químicos da táboa periódica. Aproveitando a aplicación Rapp Chemistry e a realidade aumentada lograron ver máis aló e puideron ver o núcleo de cada elemento. 

Con axuda de tabletas e empleando as técnicas traballadas en clase, verificamos a posición de cada elemento químico na táboa, así como as súas propiedades.

Foi unha actividade totalmente diferente.