viernes, 13 de diciembre de 2024

VISITA A CONXEMAR-FUNDACIÓN FISH NATION

 1º da ESO visitou as instalacións de Conxemar para asisitir a unha actividade  de divulgación promovida pola súa fundación Fish Nation en colaboración co persoal da facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.

Alí puideron ver e palpar unha pequena exposición da fauna mariña, así como coñecer máis sobre as expedicións e a labor científica que España desenvolve na Antártida. Sen dúbida moi interesante para todos.