lunes, 29 de marzo de 2021

CHARLA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E TECIDOS

 

O pasado 26 de marzo o alumnado de 3º e 4º da ESO tiveron a sorte de poder desfrutar dunha charla sobre doazón de órganos e tecidos, que se atopa recollido dentro do programa de divulgación en doazón e transplantes 2020/2021.

Dentro desta charla afondamos en contidos tan importantes como son os distintos tipos de tecidos e órganos que se poden doar, que condicións son as que permiten realizar unha doazón, a importante loxística que con leva poder levar adiante a doazón e o correspondente transplante, así como a experiencia de vivir cun órgano transplantado.

Cabe destacar que España é líder en doazón de órganos.  Pese a vivir o ano da pandemia do Covid, máis de 4400 persoas recibiron unha segunda oportunidade.

O alumnado quedou impresionado con todo o explicado e ademais co relato en primeira persoa de xente que puido desfrutar dunha segunda oportunidade ao recibir un transplante.

Citando a Dolores, unha muller que leva mais de 19 anos transplantada, “Aínda que os receptores non saben quen lles doa o órgano, non habería suficientes palabras para agradecer á familia que lles permitiu ter esta 2º oportunidade”.

Moitas grazas por compartir con nos esta experiencia.