Durante o mes de marzo, o alumnado de 3º de ESO puido desfrutar de dúas charlas sobre
Educación Sexual e socio-afectiva por
parte da Cruz Vermella.
Estas dúas charlas foron un complemento ao currículo da materia de Bioloxía
e Xeoloxía, onde repasamos os diferentes tipos de relacións entre persoas, a
anatomía do corpo feminino e masculino, así coma os métodos anticonceptivos e
as ETS.
Habitualmente esta charla era presencial e duraba unha mañá enteira, pero debido a situación actual por mor do Covid, a Cruz Vermella realizou unha modificación na súa metodoloxía de traballo e cumprindo co protocolo do Covid do centro, dita charla desenvolveuse en modo online, en dúas sesións.
Durante estas charlas, o alumnado puido manifestar dúbidas ou opinións
sobre os distintos aspectos que podemos atopar nas relacións socio –afectivas e
recalcando a importancia da prevención da transmisión das ETS.
Moitas grazas por manter este tipo de actividades como complemento para os
centros escolares.
