Na asignatura de Xeografía e Historia, os alumnos de 2º de ESO traballaron o relevo de España mediante a elaboración de maquetas.
Sobre unha base ríxida os alumnos engadiron a silueta da Península Ibérica e das illas. A continuación localizan as unidades do relevo e trazan os principaos ríos.
Para representar o relevo empregaron diferentes materiais: corcho, fieltro, plastilina, papel, pintura, etc.
Este traballo contribúe a desenvolver destrezas, habilidades e permite reforzar diversas competencias educativas.