OS CALIGRAMAS DO DÍA DO LIBRO
Este venres 23 de abril celebramos no noso centro o Día Internacional do Libro co obxectivo de fomentar a lectura e o amor polos libros entre o noso alumnado.
Durante toda a semana realizamos moitas actividades moi variadas: lectura de contos, recreación de portadas de libros, concursos literarios de poesías e microrrelatos, etc.
O alumnado de 2º da ESO realizou caligramas cos que tentaron combinar os textos poéticos coas imaxes, a pintura e os debuxos.
Sabede que os caligramas se remontan xa ás culturas grega e árabe antigas....!Trátase dunha poesía visual na que o poema está a medio camiño entre a literatura e as artes gráficas.
Aquí tedes o resultado das súas composicións😜😜😜

