O 14 de maio fixemos unha alfombra de palabras. Palabras preciosas, suxestivas, escintilantes...
Palabras que achegan desexos, esperanzas, lembranzas, soños...
Puxemos no patio do colexio un papel continuo coa palabra GALEGO escrita de fondo e fomos cubríndoa con pequenas caixas de cartón con lazos nos que escribimos esas verbas que posúen tantas connotacións.
Foi unha homenaxe á nosa lingua. Ese mesmo día lembramos a figura de Xela Arias. Aquí vos deixamos unhas ilustracións dela que fixeron as alumnas e alumnos de Educación Primaria e tamén algúns dos seus fermosos poemas.
Mil primaveras máis para a nosa lingua....!

