Querido blog: Déixovos aquí este vídeo que gravamos durante a semana das nosas letras. Ruth, unha alumna matriculada en 1º da ESO, interpretou pezas tradicionais galegas acompañada dunha pandeireta en moitas aulas do noso centro dende o 10 ao 14 de maio.
Fíxoo moi ben porque dende moi cativa asiste a clases de música, canto e baile galegos.
Moitas grazas, Ruth, polas túas interpretacións.