martes, 18 de mayo de 2021

O VÍDEO MUSICAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Sabedes que as nosas alumnas e os nosos alumnos son moi musicais? Este venres 14 de maio para celebrarmos o Día das Letras Galegas e para facermos unha homenaxe a Xela Arias, o alumnado de 2º e 3º da ESO interpretou a peza Denuncia do equilibrio, do grupo galego A banda da loba.

Esta banda formada por cinco mulleres interpreta música galega mesturando pop, folk e rock con sons tradicionais.

Os nosos alumnos e alumnas cantan moi ben......!😜😜😜😜🥳🥳🥳🥳

Aquí tedes o vídeo que gravamos. Agardamos que vos guste....!