jueves, 20 de mayo de 2021

A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O alumnado da ESO do noso centro durante a semana do 10 ao 14 de maio quixo lembrar a algunha das autoras e autores homenaxeados no Día das Letras galegas.

Dende o ano 1963 cada 17 de maio adícase ese día a unha figura destacada nas nosas letras e na nosa cultura. Este ano centramos o noso interese en Xela Arias pero sen esquecer a outros autores e autoras: Eduardo Pondal, Afonso X, o Sabio, Manuel Antonio, María Victoria Moreno, Álvaro Cunqueiro, etc.

Aquí quedan algunhas das ilustracións realizadas polo alumnado de Educación Secundaria. Todas son moi vistosas e orixinais. Esperemos que vos gusten....!