Durante todo este curso os rapaces e rapazas da ESO traballaron moito e moi ben os diferentes textos. Tivemos microrrelatos que nos fixeron pensar, debates ao aire libre, contos creados para o esixente público de Educación Infantil, textos líricos varios e mesmo textos expositivos, que acompañaron de obxectos e videos creados por eles mesmos para ilustrar mellor o que previamente andaron a indagar.
Aquí vos deixo unha pequena mostra destes últimos. Non me digades que non son uns artistas.
