viernes, 21 de mayo de 2021

OS NOSOS TRAXES

Este ano para festexarnos o Día das Letras Galegas vestímonos cos traxes rexionais típicos galegos e fomos visitando as distintas clases do centro para explicar as pezas que compoñen os traxes tradicionais, tanto o de gala como o de cotío.

O alumnado puido observar ás profesoras e a algúns alumnos e alumnas vestidos coas saias, mantelos, blusas, xustillos, medias, etc.

Ao longo destes días coñeceron os usos de cada un destas vestimentas, é dicir, que roupa se usaba para traballar no día a día e cal se reservaba para unha festa ou unha xornada especial.

Foi moi didáctico e interesante...😉😉😉

Quedan aquí algunhas fotos que tiramos.....!