Dentro da materia de tecnoloxía de 2º da ESO, durante a 1º avaliación o alumnado traballa con diferentes tipos de materiais de construcción, en concreto os materias metálicos e a madeira.
Os alumnos/as elaboraron pequenos proxectos de investigación sobre os diferentes tipos de árbores que podemos atopar tanto na natureza en España, así como algunhas especies exóticas tanto invasoras coma algunhas ornamentais que non se dan no noso país.
Os alumnos/as fixeron diferentes tipos de exposicións nas cales informouse das distintas características que ten a propia árbore, así como as características tan especiais que teñen os diferentes tipos de madeira que podemos obter destas árbores. O alumnado amosou moito interese nas diferentes aplicacións da madeira así como amosou desconcerto cos prezos dalgúns tipos de madeira.
Fixeron boas exposicións, superando os nervos propios de falar en público, así como amosaron o coñecemento adquirido co seu traballo cando os compañeiros/as facían diferentes tipos de preguntas.
Noraboa polo voso traballo¡¡¡¡