lunes, 13 de diciembre de 2021

VISITA DE SONIA MIRÓN

O noso alumnado de 2º ESO hoxe puido disfrutar da visita de Sonia Mirón, escritora de grandes novelas xuvenís, como "Si tú quieres", "Un sol dentro de mí" ou a súa última publicación "Mi corazón en una caja de zapatos", novela que os rapaces leron durante o primeiro trimestre deste curso.

Todos eles tiñan moitas preguntas para facerlle a Sonia e case sen darnos conta pasaron as horas falando desta última novela e doutras anécdotas moi interesantes. 

Aquí vos deixamos unha mostra dalgúns momentos. 

Moitas grazas, Sonia. Volve cando queiras!