Rapaces e rapazas…. Estades preparadas/os? Xa está aquí o Entroido….!!!🥳🥳🥳🎉🎉🎉🎉🎉
E o Meco vainos indicar como debemos vestirnos ao longo da semana. Hai que prestar atención ás súas ordes para festexar estas datas tan especiais.
XA ESTOU AQUÍ PARA O ENTROIDO ANUNCIAR,
ATENDEDE ÁS ORDES QUE VOS VOU DAR,
PARA QUE TODOS POIDAMOS ESTA FESTA CELEBRAR.
O luns, se queres ben comezar, unhas fermosas luvas deberás levar.
O martes unha perruca debes traer, pona na cabeza e déixate ver.
O mércores porás un calcetín de cada cor, para disfrutar do día con máis humor.
Chegou o xoves 24 de febreiro deste ano santo, e de pelegríns vestirémonos todos, polo tanto.
E finalmente, o venres o Meco permite ao alumnado que se disfrace ao seu agrado.