domingo, 20 de febrero de 2022

CHEGA O ENTROIDO…..!

Dado que estamos a piques de chegar ao Entroido, o alumnado de 3º da ESO compuxo unha serie de cantigas de escarnio e maldicir satíricas.

Este tipo de composicións que se remontan á Idade Media e, que están escritas en galego-portugués, estaban vinculadas á festa do Entroido e tiñan como finalidade criticar e satirizar estamentos sociais, costumes, personaxes, etc.

Así é que, hoxe quixemos facer o mesmo, quixemos criticar de xeito burlesco aspectos destacados do noso presente: o uso das máscaras, a evasión de impostos por parte dos ioutubers, os enfrontamentos entres as potencias mundiais, etc.

Aquí quedan algunhas mostras das súas composicións.

Agardamos que vos gusten….!🥳🥳🥳🎉🎉🎉🎉🎉📋📋📋📋