Os alumnos/as de 1º da ESO son uns verdadeiros artistas, xa que durante as festas de Nadal, recrearon a través de diferentes pratos moi apetecibles os diferentes tipos de células eucariotas.
Todos eles foron moi inxeniosos e buscaron os ingredientes que máis se parecían ao modelo orixinal, e incluso aqueles que non o facían, foron quenes de buscar, co seu inxenio, diferentes maneiras de adaptar a súa forma.
Para facer mais sinxela a súa labor, os alumnos/as tiveron que realizar unha pequena descripción/identificación dos diferentes orgánulos celulares a través da relación co ingrediente que empregaron para poder facer esta recreación.
Como profesora quedei gratamente sorprendida polo gran traballo realizado¡¡¡¡
Moitas grazas por todo o voso esforzo¡¡¡ Noraboa¡¡¡