viernes, 11 de febrero de 2022

OS DESEXOS DE PAZ

No noso centro levamos varias xornadas traballando o Día da Paz, co desexo de crear entre todos un mundo mellor. A concordia entre os seres humanos será imprescindible  para que vivamos nun futuro sen armas, sen conflitos.

O noso alumnado desexa vivir nunha sociedade tolerante e respectuosa, por iso aportaron o seu pequeno gran de area e crearon as súas mandalas e poesías.