viernes, 10 de junio de 2022

CHARLA CO SELECCIONADOR NACIONAL DE BALONCESTO FEMEMINO

 O pasado día 2 de xuño o alumnado de 1º e 3º da ESO tivo a gran oportunidade de poder ter un encontro con Miguel Méndez, actual seleccionador nacional de baloncesto feminino de categoría absoluta.



Durante este encontro o alumnado realizou numerosas preguntas relacionadas coa formación profesional e  traxectoria deportiva coma xogador, dúbidas técnicas sobre algúns movementos traballados durante a clase de E.F, así como preguntas relativas aos cambios persoais que deben facer tanto as xogadoras como o propio staff deportivo para poder estar no nivel no que traballa a nosa selección. Tamén houbo tempo para as inquedanzas sobre as costumes deportivas, entrenamentos específicos... relativos as xogadoras dos diferentes equipos europeos nos que Miguel Méndez liderou durante os últimos anos.

Durante este encontro,o propio seleccionador, recalcoulles a importancia da formación académica e a importancia dos idiomas para poder levar adiante este sono. Motivou ao alumnado a perseguir os seus sonos sen esquecer a importancia da cultura do esforzo e o traballo diario. 

Realmente foi un inmenso pracer contar coa súa presencia no noso centro e que o alumnado puidera aprender tanto dun deporte que implica sacrificio e esforzo ao mesmo tempo, da man dunha persoa tan especial e motivadora.

Grazas pola visita e todos os teus consellos¡¡¡¡¡¡