jueves, 23 de junio de 2022

TRASTEANDO COS CIRCUITOS ELÉCTRICOS

Na materia de tecnoloxía de 2º da ESO, o alumnado está a poñer en práctica durante o mes de xuño o aprendido no tema dos circuitos. Está claro que manipular permite ampliar os contidos que se traballaron durante todo este tema.




O alumnado realizou diferentes tipos de montaxes de circuitos:

- o circuito máis sinxelo, formado por unha bombilla e a propia pila.

- circuitos sinxelo con interruptor.



- circuitos en serie con varias bombillas con e sen interruptor.

- circuitos en paralelo con varias bombillas con e sen interruptor.

- circuitos con diferentes tipos de receptores como por exemplo o motor.

Durante dúas semanas fixemos diferentes actividades de montaxe de circuito para poñer en práctica todo o aprendido durante esta unidade didáctica.