jueves, 7 de julio de 2022

VIAXE DE FIN DE CURSO DE 4º DA ESO

O alumnado de 4º da ESO decidiu facer a súa viaxe de fin de curso a Illa de Ons, en concreto fixeron acampada no Gampling da Illa de Ons. Esta decisión recaeu plenamente no alumnado, xa que por mor da covid-19 non puideron recaudar grandes cantidades de diñeiro coma para poder viaxar por Europa, polo que decidiron que preferían ir a maioría a viaxe.

Finalmente o grupo estivo formado por 16 alumnos/as e dúas profesoras que tomaron o barco dende Bueu para pasar 4 días e tres noites de acampada. 

Durante a nosa estancia en Ons o grupo estivo acompañado por dous monitores maravillosos, Mara e Aarón, que fixeron da nosa estancia un momento inesquecible. 



Cada xornada comezaba cunha pequena ruta que nos permitía ver os valores naturais do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, polo cal, dende o primeiro momento fumos partícipes da súa conservación.

Así mesmo, realizamos actividades de convivencia e xogos para enriquecer a xornada, como o foron o xogo da pinza, o xogo da goma do pelo ou o propio xogo do Drácula. Ao finalizar a xornada, coñecíamos a penalización de perder neste xogo.

As tardes se adicaban a xogos e chapuzóns na praia onde puidemos poñer en coñecementos de todos as nosas facultades deportivas e artísticas.

 

Cada noite tivemos actividades que permitíronnos coñecer outros alicientes da illa, como por exemplo ver a posta do sol na proximidade do Faro, realizar un scape room nas instalacións do camping ou realizar unha velada musical onde cada un de nos puxo o seu granito de area para que fora tan especial.


O noso alumnado chega a casa canso de realizar tantas cousas, pero cheos de grandes recordos desta viaxe tan especial.



Lembrade que sodes parte da familia do noso Colexio. Sempre seredes recibidos cos brazos abertos.