viernes, 1 de julio de 2022

FIN DE CURSO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

O pasado 23 de xuño, o alumnado de educación secundaria fixo a súa excursión de fin de curso ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, en concreto o arquipélago de Ons.

A nosa viaxe iniciouse ben temprano no porto de Vigo, dende onde faríamos a travesía de forma directa atravesando toda a Ría de Vigo, viaxando paralelamente a costa da Vela, apreciando o inicio da ría de Pontevedra... Ata chegar ao porto da Illa de Ons.

Durante a nosa xornada, tivemos tempo para apreciar os valores naturais da illa a través dunha ruta guiada que nos permitiu apreciar as dous caras que amosa esta illa, achegarnos os cantis para ver o lugar de cría da gaivota e do corvo mariño cristado, coñecer parte da historia desta illa que está habitada durante todo o ano, así como numerosas curiosidades mais. 

                            

Despois de rematar a ruta guiada chegou o momento do xantar, que fixemos na praia e aproveitamos para probar a auga, xogar na area e poñernos ao día entre amigos. 

                          

Foi unha viaxe máxica que temos ganas de que se repita outro ano mais.