martes, 27 de septiembre de 2022

1º E 2º DA ESO COMEZAN A TRABALLAR A MATERIA DE TECNOLOXÍA

O alumnado de 1º da ESO (co currículo novo) e 2º da ESO (currículo vello) teñen como novidade na súa etapa educativa a materia de tecnoloxía, polo cal cada tema debe ser introducido de forma axeitada para adaptarnos os seus coñecementos previos.

Antes de poder entrar en materia realmente e poder afondar nos distintos tipos de materiais que podemos empregar na construcción de obxectos, é necesario poder manipular certos materiais e ver que criterios empregan os alumnos para poder sacar criterios comúns.

Para que o alumnado puidera traballar de forma cómoda, realizaronse 4 grupos, os cales recibiron unha bolsa con distintos obxectos que tiñan que clasificar. Pero para poder realizar esa clasificación primeiro tiñan que poñerse dacordo sobre que criterios deberían empregar, e por suposto houbo moitas suxerencias. A tarefa resultou amena e todos puideron participar dentro de cada grupo. 


Para rematar a tarefa tratamos de empregar vocabulario técnico para poder realizar dita clasificación e repasar algunhas das propiedades que iremos traballando ao longo dos temas, para que de xeito manipulativo poidan comprendelas mellor.