lunes, 26 de septiembre de 2022

O ALUMNADO DE 4º DA ESO EXPERIMENTA COA REALIDADE VIRTUAL

O alumnado de 4º da ESO comeza este curso facendo unha incursión no mundo da realidade virtual coa axuda da aplicación RappChemistry e co uso dos seus móbiles na materia de Física e Química.



O alumnado traballou diferentes aspectos dos elementos químicos que aparecen na táboa periódica, puidendo facer unha viaxe virtual polo seu núcleo e coñecer de primeira man como están organizados os electróns, como se poden  realizar asociacións entre elementos químicos de distinta electronegatividades. 



Así mesmo, mentres confirmamos a través de exercicios de configuración electrónica, tamén puidemos  confirmar que a organización que fixo Mendeleive era correcta.



Desexamos que vos guste.


GALERÍA DE IMAXES: 

https://photos.app.goo.gl/5YcmJVFLMm82cQo68