lunes, 20 de marzo de 2023

CHARLA DE DONACIÓN DE ÓRGANOS

 O pasado 17 de marzo o alumnado de 3º da ESO tivo oportunidade de coñecer de primeira man o que significa realmente unha doación.

Durante esta charla, unha enfermeira que traballa nesta unidade e unha persoa trasplantada puideron contar en primeira persoa o que realmente significa.

É importante resaltar que España é punteira en doación de órganos, e para iso téñense que dar unha serie de situacións que así o permitan xunto coa autorización da persoa que doa os seus órganos ao morrer ou ben a autorización da súa familia. 

O alumnado puido coñecer cales son os órganos e tecidos que se poden doar, canto pode sobrevivir un órgano ata que é transplantado, cales son as dificultades máis habituais despois dun transplante, cales son os protocolos para doar e recibir órganos, a idade mínima para poder doar....

Foi unha charla moi especial e na cal o alumnado amosou unha gran interese.

GRAZAS POR COMPARTIR CON NOS ALGO TAN ESPECIAL¡¡