viernes, 24 de marzo de 2023

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN DA CRUZ VERMELLA A 3º DA ESO

Hoxe 24 de marzo, o alumnado de 3º ESO tivo un obradoiro sobre alimentación grazas a unha voluntaria da Cruz Vermella. 

Durante este obradoiro repasamos contidos importantes traballados en diferentes materias ao longo da etapa de Primaria e Secundaria, e afondamos na importancia dunha dieta variada e balanceada. 

O alumnado a través dalgunhas dinámicas activas puido poñer en práctica como é a clasificación dos alimentos e dos nutrintes, a importancia da carencia dos nutrintes e a probemática ao longo prazo de problemas vinculados a alimentación que desembocan en problemas máis graves coma a anorexia e a bulima. Reforzamos a importancia da vitalidade e a actividade coma compremento a nosa dieta.



Grazas pola vosa labor¡¡¡¡