viernes, 24 de marzo de 2023

O PRESTIGE: PROXECTO DE INVESTIGACIÓN DE 4º DA ESO

Durante o mes de marzo, os alumnos e alumnas da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO afondaron nas consecuencias dos diferentes tipos de contaminación e a súa persistencia no contorno. Ao xurdir exemplos sobre catástrofes petroleiras das que non sabían nada, decidimos afondar.

Decidimos afondar no desastre do Prestige, para o cal elaboráronse diferentes preguntas para facilitarlles o contexto da información que debían buscar para poder facer este proxecto. Durante o proxecto traballaron de forma cooperativa e como produto final fixemos este mural que simboliza todo o seu traballo.

Durante este proxecto os alumnos e alumnas aprenderon moitos contidos relacionados co mar, a problemática do transporte dos hidrocarburos, lexislación, problemas de contaminación... e termos moi importantes como mareas negras e o precio que ten un desastre petroleiro.

Esperamos que sexa do voso agrado tal como foi de especial para estes alumnn@s.