miércoles, 19 de abril de 2023

CHARLA DE EDUCACIÓN SOCIOAFECTIVA E SEXUAL DA CRUZ VERMELLA

Coma outro ano máis a Cruz Vermella colabora co noso centro cun novo obradoiro sobre a saúde sociafectiva e sexual.

Durante a xoranda do 14 de abril,  o alumnado de 3º ESO tivo uns profesores alternativos na aula. Varios voluntarios da Cruz Vermella trouxeron diferentes tipos de actividades e xogos, para poder afondar sobre diferentes aspectos importantes na xuventude de hoxe en día.

Durante esta xornada traballaron os diferentes tipos de relacións que podemos atopar, a importancia do respeto, métodos anticonceptivos e cales son os máis axeitados en cada unha das situacións da vida real, xa que non se empregan exclusivamente para evitar embarazos, tamén aprenderon a distinguir cales evitan o contaxio das ETS, a importancia do respeto por un mesmo e a importancia das revisións periódicas.

Foi unha xornada onde puideron falar sen tapuxos e preguntar todas as dúbidas que podían ter nesas cabezas. Cada un destes alumnos e alumnas teñen o seu propio ritmo, pero a información e o coñecemento non ocupan lugar.

GRAZAS POR FACER UNHA LABOR TAN IMPORTANTE¡¡¡¡