lunes, 17 de abril de 2023

TECNOLOXÍA 1º ESO: SISTEMA DE POLEAS

Durante o segundo trimestre o alumnado de 1º da ESO estivo a traballar os diferentes tipos de mecanismos que podemos atopar na nosa vida cotiá, coma por exemplo palancas, poleas, engranaxes, rodas e planos inclinados.

Despois de traballalos en forma de teoría, fixemos un pequeno proxecto que nos permitiu ver en acción un mecanismo especial: os sistemas de poleas.  A partir de materiais reciclados , o alumnado puido construir unha estructura con poleas e unha personaxe que transmitía o movemento. 

O que mais custou en xeral foi ser delicado e limitarse as especificacións do proxecto, pero coma toma de contacto non estivo nada mal.

A media que vaimos rematando os pequenos detalles engadiremos diferentes fotos do proceso.

O alumnado quedou con ganas de facer máis proxectos.