Durante a 2º avaliación o alumnado de 3º ESO traballou entre
varios temas importantes o tema do
sistema endócrino. Xa que se trata dun tema no que podemos afondar, cada alumno
adicou o seu traballo a realizar unha investigación relativa a unha hormona.
A partir dunhas
preguntas xenérica ou de contidos mínimos, o alumnado tivo que realizar un
vídeo de exposición, no que era obrigatorio engadir a súa voz facendo a
explicación correspondente.
O alumnado aproveitou a ocasión para afondar nalgunhas
ferramentas dixitais que permitían modificar a imaxe do vídeo, empregar avatares,
engadir efectos de imaxe e son…
Neste muro dixital aproveitamos para compartir algúns dos
seus traballos.
Se queredes coñecer o traballo do noso alumnado de 3º ESO podedes facer click no seguinte enlace ou capturar o código QR que compartimos a continuación.
https://padlet.com/gbarros5/3j4vie4e82rfie4j

